Taboada conta cun novo recurso turístico na Praza Xeneral Muinelo

RibeiraSacraXa
Trátase dun mapa das 27 parroquias do concello que se pode ver na zona axardinada do fondo da praza
novo-mapa-taboada
16 Aug 2025

O Concello de Taboada vén de instalar un novo recurso turístico na zona axardinada do fondo da Praza Xeneral Muinelo: un marco de 2x2 metros co mapa do municipio e as súas 27 parroquias, todas elas coa súa silueta recortada e identificadas co seu nome.

Esta actuación, que se suma á instalación das letras de “TABOADA” na cara norte da Praza de Riazón, busca embelecer a praza e conta con iluminación nocturna grazas á súa integración no proxecto Vagalumes da @ribeirasacract.

O proxecto está cofinanciado polo Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, a Secretaría de Estado de Turismo e a Axencia de Turismo de Galicia.

⚙ Configurar cookies
0.031650066375732