Taboada conta cun novo panel informativo sobre a Reserva da Biosfera Ribeira Sacra

Esta semana levouse a cabo no concello de Taboada a instalación dun panel informativo sobre a Reserva da Biosfera Ribeira Sacra e Serras do Courel e Iribio.
A iniciativa foi promovida pola propia Reserva da Biosfera, e a ubicación do panel escolleuse para coincidir co inicio do ‘Camiño dos Mouros’, que foi sinalizado recentemente.
Desde o Concello agradecen á Reserva da Biosfera esta oportunidade para continuar promovendo os valores culturais e medioambientais do municipio.