Taboada avanza na remodelación da Alameda e do Campo da Feira

RibeiraSacraXa
Estase a retirar a carpa de plástico que cubría permanentemente a Alameda co obxectivo de instalar unha nova pérgola metálica
obras-pergola-alameda-taboada
17 Jul 2025

O Concello de Taboada, a través da tenencia de alcaldía, continúa estes días coas actuacións previstas dentro do proxecto de remodelación da Alameda e o Campo da Feira. A brigada municipal de obras está a retirar a carpa de plástico que cubría permanentemente a Alameda, unha intervención que se realizará en toda a súa superficie e de forma definitiva.

O tenente de alcalde e concelleiro de Urbanismo, José Portela, sinala que a retirada da carpa permitirá recuperar o seu aspecto orixinal en referencia ao espazo público. Ademais, anunciou que xa está en marcha a instalación dunha nova pérgola metálica na parte superior da Alameda, para a cal se asinou recentemente un convenio coa Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Dende o Concello destacan que se están a dar pasos no desenvolvemento dun proxecto máis amplo de remodelación integral da Alameda e do Campo da Feira, co obxectivo de mellorar estes espazos para o uso e goce da veciñanza.

⚙ Configurar cookies
0.15510010719299