Taboada acollerá este venres a presentación de 'Pebidas de tradición oral para a xeración dixital'

Este venres, ás 12:00 horas, terá lugar no CPI San Tomé do Carballo a presentación do libro 'Pebidas de tradición oral para a xeración dixital', acompañada dunha sesión de contacontos titulada 'A trastenda dos contos', a cargo de Caxoto. O acto é aberto a toda a veciñanza que desexe participar.
O proxecto conta coa colaboración do Museo do Pobo Galego, centrada na recolleita e transmisión da tradición oral, co obxectivo de achegar estas historias ás xeracións máis novas, especialmente ás máis apegadas ao dixital.
O Concello de Taboada destaca tamén a implicación do editor Gorka García Barrero, con raíces familiares en Taboada, así como a colaboración da administración local para a organización do evento.
Desde a Tenencia de Alcaldía e o Área de Educación e Benestar do Concello de Taboada agárdase que a actividade resulte de proveito para o alumnado do colexio e para todas as persoas que se acheguen.