Taboada acolle unha xornada aberta á veciñanza sobre a iniciativa Acción Cuarto Mundo

RibeiraSacraXa
Trátase dunha iniciativa que busca poñer en valor os recursos locais e atender ás necesidades da poboación para activar proxectos que xeren emprego no rural
Vacas-provincia-Lugo
26 Nov 2025

O próximo mércores 26 de novembro, ás 16:00 horas, terá lugar no Salón de Actos do Cuartel Vello unha xornada informativa sobre Acción Cuarto Mundo, unha iniciativa que reúne a diversas entidades como Unións Agrarias, a Universidade da Coruña, a Federación de Asociacións de Mulleres Rurais e a Universidade de Santiago de Compostela, entre outras.

O obxectivo principal da iniciativa Acción Cuarto Mundo é poñer en valor os recursos locais e atender ás necesidades da poboación para activar proxectos que xeren emprego no rural galego.

Durante a sesión presentarase o Plan de rehabilitación de vivendas rurais, a creación dunha cooperativa de asistencia rural e un programa para facilitar a obtención do carné de conducir, especialmente dirixido a persoas que traballan nos coidados a terceiros, aínda que estará aberto a toda a veciñanza.

Desde o Concello animan a todos os veciños e veciñas a participar e informarse sobre estas iniciativas que poden beneficiar á comunidade.

⚙ Configurar cookies
0.049024820327759