Taboada acolle polo Nadal o seu tradicional Belén Vivente

Este xoves, 25 de decembro, día de Nadal, a Cofradía do Santo Encontro de Taboada escenificará un ano máis o seu tradicional Belén Vivente.
A representación terá lugar ás 18:00 horas no pavillón polideportivo e desde o Concello de Taboada animan a todos os veciños a asistir a esta actividade e celebrar o Nadal en comunidade.