Taboada acolle o vindeiro 28 de maio unha xuntanza da comunidade de aprendizaxe sobre Comunidades de Montes

RibeiraSacraXa
Terá lugar na Casa da Cultura do municipio a partir das 18.00 horas
Comunidades-de-Aprendizaxe-Montes-de-Saberes-na-Pobra-do-Brollón
25 Maio 2024

O vindeiro 28 de maio ás 18.00 horas celebrarase unha xuntanza da comunidade de aprendizaxe sobre Comunidades de Montes Veciñais e en Man Común, na Casa da cultura de Taboada.

Nela, as persoas que se acheguen e participen, de forma gratuíta, poderán explorar as oportunidades que teñen as Comunidades de Montes para a xeración de riqueza e creación de postos de traballo a través da multifuncionalidade do monte.

Estarán presentes, entre outros, os representantes do Colectivo La Brava (servizos forestais e agrarios), un representante de Foresga (Clúster de Biomasa de Galicia), e Francisco J. Domínguez, resineiro e formador.

0.079735994338989