Taboada acolle o segundo Encontro RaizameS os vindeiros 10, 11 e 12 de maio

RibeiraSacraXa
Os próximos 10, 11 e 12 de maio, celébrase a segunda edición de 'RaizameS, Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra' no Concello de Taboada.
23 Abr 2024

Os próximos 10, 11 e 12 de maio, celébrase a segunda edición de 'RaizameS, Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra' no Concello de Taboada.

RaizameS é un evento innovador e cun formato diferenciador en relación cos eventos do mundo do viño que se organizan na contorna. No Encontro, colócase o acento na compoñente humana como valor patrimonial en si mesmo e é unha homenaxe e recoñecemento aos heroes invisibles da Ribeira, ás mulleres e homes que manteñen viva a Ribeira Sacra co seu traballo e a súa sabiduría.

RaizameS consiste en faladoiros e paneis de experiencias con voces expertas do mundo do viño, percorridos culturais polas parroquias de ribeira do Concello, visionado de pezas audiovisuais, exposicións fotográficas, catas guiadas, degustación de viños, intervencións artísticas, música...

"Un cruce de miradas artísticas, lúdicas, formativas e ata etnográficas, ao longo das diferentes accións programadas: a música, a danza, a poesía, ou a narración oral entrelazadas coas catas, as visitas a viñas ou adegas", explican os seus organizadores.

O evento está dirixido a todo tipo de públicos e constituirá Taboada como epicentro de confluencia entre habitantes e foráneos, entre profesionais do sector do viño e afeccionados, entre a mocidade e a xente vella, entre produtores e consumidores; e desenvolverase en diferentes puntos do municipio de Taboada, coa Praza de Riazón convertida en Espazo Atmosfera Viño, como espazo central da convocatoria.

RaizameS está apoiado pola Xunta de Galicia, Deputación de Lugo e o Concello de Taboada, así como tamén colaboran Caixa Rural Galega, A túa Xanela e a Fundación Condado de Taboada.

0.070827960968018