Taboada acolle este luns a presentación do proxecto ‘Turismo de Encoros de España’

RibeiraSacraXa
Será no Cuartel Vello ás 11:00 e ten como obxectivo dar a coñecer esta iniciativa na que participa a Deputación de Lugo
turembalses
29 Jun 2025

O Salón de Actos do c de Taboada será este luns 30 de xuño, ás 11:00 horas, o escenario para dar a coñecer o proxecto “Turismo de Encoros de España”, unha iniciativa impulsada pola Deputación de Lugo xunto coas Deputacións de Cáceres e Badaxoz, os territorios da Serra Norte e da Serra Oeste de Madrid, Terras de Iranzu en Navarra e a Federación de Asociacións e Municipios con Centrais Hidroeléctricas e Encoros (Femembalses).

Este proxecto enmárcase no programa Experiencias Turismo de España, financiado polo Ministerio de Industria e Turismo a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España – Next Generation EU.

Durante a sesión explicaranse as principais características da iniciativa, os seus obxectivos, o público destinatario e o procedemento para que empresas e entidades poidan sumarse ao proxecto. Tamén se detallarán as oportunidades de formación, asesoramento e promoción para aqueles interesados en desenvolver actividades vinculadas aos encoros.

A xornada está dirixida a empresas turísticas (actividades náuticas, ecoturismo, axencias, guías, produtores locais, artesáns ou aloxamentos), entidades ou asociacións vinculadas ao desenvolvemento rural, profesionais e técnicos de turismo, cultura e medio ambiente, así como a concellos, consorcios e GDRs dos destinos socios.

O Concello anima a todas as persoas, empresas e entidades de Taboada e da súa contorna a participar nesta sesión informativa que busca poñer en valor o potencial turístico dos encoros como motor de desenvolvemento local.

⚙ Configurar cookies
0.16341996192932