Taboada acolle a XI Carreira Popular 'Entre Pazos e Carballos'

RibeiraSacraXa
A cita, organizada pola Asociación Cultural O Carballo, mestura deporte, natureza e cultura
XI-carreira-popular-Taboada
21 sep 2024

A Asociación Cultural O Carballo organiza a XI Carreira Popular 'Entre Pazos e Carballos', que terá lugar esta tarde de sábado, 21 de setembro, en Taboada.

A cita, que mestura deporte, natureza e cultura, formará parte do X Circuito Miño Ulla de Carreiras Populares e incluirá un agasallo ecolóxico para os participantes e unha degustación gratuíta de produtos da zona para as persoas que se acheguen.

Así, haberá tres carreiras; a absoluta de 10 km, que comezará ás 18.00 horas; a segunda, que terá lugar á mesma hora pero será de 5 km; e a terceira, a partir das 19.30 horas e que forma parte das carreiras categorías escolares dende 100 metros a 1,5 km.

0.18936896324158