Taboada abre un novo curso das Escolas Deportivas Municipais

RibeiraSacraXa
Entre as clases dispoñibles haberá patinaxe, hóckey a patíns, fútbol sala, fútbol herba, jumping e bádminton
Imaxe recurso deportes
1 Oct 2025

O Concello de Taboada, a través da Área de Deportes, pon en marcha un novo curso das Escolas Deportivas Municipais, que dará comezo o 1 de outubro. As actividades están pensadas para todas as idades e adaptáronse os horarios para facilitar a participación sen coincidir con outras propostas organizadas por asociacións ou colaboradores do Concello.
Entre as clases dispoñibles haberá patinaxe, hóckey a patíns, fútbol sala, fútbol herba, jumping e bádminton.

Dende o Concello lembran que este ano, debido a un cambio na normativa da Área de Deportes, aprobado recentemente e en exposición ao público, o cobro das actividades non se realizará ata novembro. A inscrición e o pago faranse mediante a aplicación Reserva Play, a través dun enlace que se facilitará nese momento. Mentres tanto, os interesados poden facer a preinscrición directamente no Concello e participar nas actividades con total normalidade, sen agardar ao pago.

Ademais, o Concello colabora co CPI San Tomé do Carballo enviando todos os martes unha monitora para acompañar aos nenos e nenas que permanecen no centro ata as 17:00 durante o período non lectivo.

⚙ Configurar cookies
0.11681699752808