Sober suma unha nova centenaria

RibeiraSacraXa
O Concello de Sober conta actualmente con dez persoas centenarias, seis mulleres e catro homes
teresa-saez-perez
Teresa Sáez Pérez
16 Jun 2025

Teresa Sáez Pérez, veciña da parroquia de Figueiroá en O Taro, celebrou ese fin de semana o seu 100 aniversario. Esta nova centenaria soberina traballou como costureira na Carqueixa, onde ensinou o oficio a mozas da comarca, deixando un importante legado na zona.

O Concello de Sober conta actualmente con dez persoas centenarias, seis mulleres e catro homes. Desde a administración local felicitaron a Teresa por esta significativa celebración, na que estivo acompañada polos seus seres queridos. Actualmente reside en Barcelona xunto ao seu fillo, José Luis Segador Sáez, que a acompañou nesta importante data.

⚙ Configurar cookies
0.16320204734802