Sober será o escenario do proxecto 'As Cabanas do Sil' que estará activo a vindeira primavera

RibeiraSacraXa
O promotor desta iniciativa de cámping na natureza decide poñer en marcha este proxecto de ‘As Cabanas do Sil’ no lugar de Santa Marta, na parroquia Barantes
cabanas-Sober
14 Maio 2024

O Concello de Sober contará na vindeira primavera coas primeiras cabanas de madeira que se constrúan nun bosque embruxado con esculturas pensadas para o público familiar. O Concello de Sober concederá a licenza de obra nos vindeiros días para que poidan dar comezo os traballos.

O promotor desta iniciativa de cámping na natureza, o empresario local Rubén Vázquez, decide poñer en marcha este proxecto de ‘As Cabanas do Sil’ no lugar de Santa Marta, na parroquia Barantes, onde, nunha primeira fase da iniciativa se van instalar tres cabanas de madeira con capacidade para 12 persoas.

A novidade da proposta reside no lugar de emprazamento das cabanas, un bosque autóctono de carballos, castiñeiros centenarios e bidueiros moi próximo ao Canón do Sil onde os protagonistas serán os trasgos, elfos e animais autóctonos, que buscan converterse nun atractivo para familias con nenos e nenas.

As tres edificacións serán construídas integramente en madeira e disporán de todas as comodidades; como cociña, baño e terraza. Tamén terán calefacción e aire acondicionado. Ademais, a súa construción farase respectando a paisaxe e a natureza e tratando de integrar as casas na contorna.

A parcela sobre a que se asenta o proxecto conta con 12.000 metros cadrados de superficie e outra das novidades é que serán cabanas temáticas.

O rexedor do Concello de Sober, Luis Fernández Guitián, agradécelle ao promotor esta iniciativa que traerán á localidade “as primeiras cabana de madeira integradas nun bosque con esculturas da Ribeira Sacra”, o que vén a ampliar a oferta turística da que xa dispón a localidade.

0.20312285423279