Sober será o escenario da V KDD Sacra de Furgo Galicia

RibeiraSacraXa
O encontro de autocaravanas e campers terá lugar os días 8, 9 e 10 de novembro
Quedada-de-autocaravanas-Furgo-Galicia
18 Out 2024

Furgo Galicia organiza, en colaboración con Barvatia e o Concello de Sober, un encontro de autocaravanas e campers en Sober para os días 8, 9 e 10 de novembro baixo o nome de V KDD Sacra.

A cita, que terá lugar nas instalacións de Sober Camper Park, pretende que os participantes descubran o encanto da Ribeira Sacra en outono.

O programa inclúe a visita a unha bodega con cata, concertos, karaoke, un concurso de cociña, xogos infantís ou unha recollida de setas con guía, entre outras actividades.

Concretamente, todo comezará o 8 de novembro ás 18.00 horas coa recepción e benvida e ás 21.00 horas terá lugar a cea en común, para logo desfrutar dun karaoke e sesión Dj.

Xa o sábado, 9 de novembro, ás 11.00 horas haberá xogos infantís, ás 12.00 horas terá lugar o Concurso de Tostas, ás 14.00 horas será a churrascada popular, ás 17.00 horas haberá unha visita a bodega e cata de viño, ás 21.00 horas será a cea e ás 22.00 horas desfrutarase do concerto de Keepers.

Finalmente, o domingo 10 terá lugar ás 10.00 horas unha ponencia sobre introducción á micoloxía, ás 11.00 horas terá lugar unha andaina para a recollida de setas, ás 13.00 horas volverase e avaliarase a recolecta, ás 14.00 horas haberá comida libre e ás 17.00 horas terá lugar a despedida.

0.20333886146545