Sober será o escenario da quinta edición de Artesanía de Galicia na Ribeira Sacra

O sábado 23 de agosto, Sober será o escenario da quinta edición de Artesanía de Galicia na Ribeira Sacra, que se celebrará na Igrexa Santuario da Nosa Señora de Cadeiras entre as 11:00 e as 21:00 horas.
O evento contará con 19 expositores que mostrarán diferentes traballos de artesanía galega. Ademais, haberá obradoiros gratuítos abertos ao público, entre os que se inclúen iniciación ao torno cerámico, encadernación xaponesa e marmolado.
Ás 13:00 horas celebrarase unha sesión Vermú coa música de Deuce, para acompañar a xornada de artesanía e actividades.
A feira ofrece unha oportunidade para coñecer o traballo dos artesáns galegos e participar de maneira práctica nos talleres, nunha cita xa consolidada na Ribeira Sacra.