Sober retoma este martes o proxecto de apoio para coidadoras non profesionais
RibeiraSacraXa
A iniciativa, desenvolvida en colaboración coa asociación Xaruma, arranca este martes e contará con sesión cada tres semanas

13 Jan 2026
O Concello de Sober retoma este martes o proxecto de apoio para coidadoras non profesionais, desenvolvido en colaboración coa asociación Xaruma. A iniciativa ten como finalidade crear un grupo de axuda mutua para persoas coidadoras do municipio, fomentando redes de apoio que se prolongarán ao longo do ano.
A primeira reunión celebrarase hoxe ás 16:30 horas no Centro Sociocultural. As sesión impartiranse cada tres semanas e as persoas interesadas en participar poden inscribirse enviando un WhatsApp ou chamando ao número 628 055 236.