Sober presenta o programa de actividades para conmemorar o 8M

O concello de Sober presenta unha serie de actividades culturais e de benestar para conmemorar o Día Internacional da Muller. As iniciativas desenvolveranse ao longo do mes de marzo en distintos espazos municipais.
O venres 6 de marzo, ás 17:30 horas, terá lugar unha sesión de Merendas con Contos, acompañada dun encontro e obradoiro con Mercedes Llanes, técnica en farmacia.
Xa o martes 10 de marzo, ás 18:00 horas, celebrarase no Club de Lectura a actividade “O legado das autoras: voces no tempo”, dirixida por Paula Santos, educadora social. Esa mesma xornada, ás 19:30 horas, no Centro Sociocultural, terá lugar a segunda sesión do Círculo de Benestar, baixo o título “Relación e Entorno”, tamén conducida por Paula Santos.
Finalmente, o martes 17 de marzo, de 16:30 a 17:30 horas, no Centro Sociocultural, desenvolverase un Grupo de Coidados organizado pola Asociación Xaruma.