Realizarase en Sober, Pantón e O Saviñao un obradoiro de emprego

RibeiraSacraXa
A Consellería de Emprego e Igualdade vén de concederlle ao Concello de Sober, xunto co de Pantón e O Saviñao, un obradoiro de emprego.
15 Sep 2021

A Consellería de Emprego e Igualdade vén de concederlle ao Concello de Sober, xunto co de Pantón e O Saviñao, un obradoiro de emprego para 20 alumnos e alumnas.

As especialidades son montaxe e instalación de construcións de madeira para 8 alumnos/alumnas e repoboacións forestais e tratamentos silvícolas para 12 alumnos/alumnas.

O obradoiro de emprego ten a denominación de Ricra V.

Todas aquelas persoas interesadas en participar poden anotarse na oficina de emprego de Monforte. Así mesmo, a data de comezo será o 15 de outubro de 2021.

0.1738338470459