Sober organiza un Certame de Poesía 'Nadal 2021'

RibeiraSacraXa
El ayuntamiento de Sober convoca el concurso de poesías que tiene como tema central la navidad. Cuenta con diferentes categorías.
certame poesia sober
6 Dec 2021

O Concello de Sober convoca o Certame de Poesía “Nadal 2021”.

Neste certame poden participar todas as persoas con poesías sobre o tema xenérico “O Nadal”. Establécense tres categorías, a categoría A que comprende as poesías dos nenos que teñen ata 8 anos, a categoría B que comprende os poemas dos nenos de 9 a 11 anos e, a terceira categoría que comprende os traballos dos nenos entre 12 e 16 anos.

Todos os traballos irán acompañados dos datos do autor. Os poemas serán redactados en galego, cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara.

O prazo de presentación remata o día 21 de decembro, debendo ser entregados polos seus autores na BMP de Sober.

Os traballos premiados recibirán diploma e lote de libros. A entrega realizarase na primeira quincena do mes de xaneiro se as condicións sanitarias o permiten no Salón de Actos no Centro Sociocultural de Sober. En caso contrario, entregaranse de forma privada aos gañadores.

Os traballos que resulten premiados nesta fase local, participarán na fase provincial do Certame convocado pola Biblioteca Provincial de Lugo.

certame poesia sober
0.13484907150269