Sober ofrecerá aos nenos do Concello un obradoiro de cociña de Nadal
Seguindo coa programación de Nadal, o Concello de Sober ofrece aos seus veciños de entre 4 e 12 anos un Obradoiro de Cociña de Nadal que será dirixido por David Cidre, profesor da Escola de Hostelería de Rosende.
O obradoiro terá lugar o xoves 23 de decembro ás 11.30 horas.
Esta actividade dotará aos máis novos do Concello das nocións básicas de cociña que lles axudará a defenderse neste campo dunha maneira sinxela. Ademais, serve para achegar algo tan común como a cociña aos nenos, podendo ser este un aliciente dunha afección ou profesión.
A cociña pode ser ese espazo perfecto para compartir, xogar e aprender polo que, introducir aos nenos neste senso pode ser moi beneficioso para eles e os seus hábitos. Sirve como apoio para unha vida máis saudable, unha vez que os rapaces comezan a distinguir os alimentos, de onde veñen e cales son as súas características serán capaces de tomar mellores decisións en canto a súa alimentación. Axudará a fortalecer a súa autoestima e motivación ao realizar pratos ricos e que gusten. Realizar tarefas na cociña axudará a mellorar habilidades fortalecendo lazos de sociabilidade e afinando as aptitudes comunicativas. Tamén expande os gustos culinarios e mellora a motricidade fina ademais de traballar cos cinco sentidos.
A mellor maneira de achegar a cociña aos máis cativos é con pratos doces que chamen a súa atención. Por iso se recomenda comezar facendo postres.
A ESCOLA DE HOSTELERÍA DE ROSENDE
A escola naceu coma un reto de dar aos máis novos da comarca e de Galicia a oportunidade formativa que Belarmino, o fundador, non puido ter. A orixe desta escola xestionada no Pazo de Ribas pola Fundación Belarmino Fernández Iglesias remóntase ao ano 1997. Ano tras ano pasan pola escola ata 70 estudantes con gran vocación polo mundo da cociña.