Sober inicia o seu programa de actividades deportivas

RibeiraSacraXa
O Concello ofrece clases de ximnasia de mantemento, pilates, tonificación e baile
maiores-pilates
6 Oct 2025

O Concello de Sober dará comezo este luns, 6 de outubro, a unha nova edición das súas actividades deportivas, pensadas para promover a saúde e o benestar da poboación. A iniciativa busca ofrecer aos participantes a oportunidade de coidar o corpo e a mente, manterse activos e gozar dun contorno agradable e en boa compañía.

Entre as propostas destacan a ximnasia de mantemento, pilates, tonificación e baile, todas adaptadas a diferentes niveis para que calquera persoa poida participar. O obxectivo destas actividades é mellorar a forza, a flexibilidade e a condición física, ao mesmo tempo que se fomenta a diversión e a convivencia entre os veciños.

⚙ Configurar cookies
0.43598103523254