Sober inaugura este venres a XLV Feira do Viño de Amandi

A XLV Feira do Viño de Amandi regresa este venres a Sober cun extenso programa de actividades que se estenderán durante toda a fin de semana. Nesta nova edición participan un total de 44 adegas da subzona de Amandi.
A adega encargada de inaugurar a feira será A Cividade, en homenaxe ao décimo aniversario do falecemento do seu fundador, José Verao Rodríguez. O pregón será o domingo 13 de abril ás 13.00 horas a cargo da cantante do Incio, Lucía Pérez, quen tamén ofrecerá un concerto o sábado na Praza do Concello. O Incio, de feito, terá un dobre protagonismo nesta edición, xa que tamén será o invitado de honra.
O programa para este venres comezará ás 19.30 horas, coa inauguración da Feira, e continuará ás 20.00 horas actuación da batucada X de L. Louband pechará a noite do venres, ás 22.30 horas.
O sábado, as adegas abrirán ás 11.00 horas e, ao longo do día, terán lugar as actuación de grupos de música tradicional, os Gin Tonis, Lucía Pérez ou a batucada Baturruca. O domingo, a charanga NBA abrirá a feira é, durante a mañá, terá lugar a lectura do pregón, a cata oficial e a entrega de premios. Los Satélites pecharán a feira cunha actuación ás 19.30 horas.