Sober homenaxea a cinco coidadoras xubiladas do Servizo de Axuda do Concello

O pasado venres cinco coidadoras xubiladas foron galardoadas en Sober. Nesta xornada o Servizo de Axuda no fogar do Concello reuniuse para agradecerlles os servizos prestados ás profesionais.
Trátase dunha celebración que tivo que ser aprazada e que non se puido facer antes por mor da Covid-19 e coa que tanto as súas compañeiras coma os representantes do Concello pretenden despedir a traxectoria profesional das cinco mulleres.
As galardoadas foron Carmen Carnero Páramo; Esperanza Fernández Fernández; Rosa María Pérez Arias, que non puido asistir; Purificación Rodríguez Fenández e Carmen Pazos Otero.