Sober habilita un punto limpo móbil

RibeiraSacraXa
Instalado xa na entrada da localidade desde Monforte, prevese que visite as distintas parroquias do municipio
27 Xan 2021

O Concello de Sober vén de poñer en servizo o novo punto limpo móbil, situado xa na entrada da vila desde Monforte. Está previsto que visite de xeito itinerante distintas parroquias do municipio.
No punto limpo móbil poden depositarse lámpadas e fluorescentes, envases de pinturas, disolventes e vernices, envases de fitosanitarios, aerosois, calzado, roupa, pequenos aparellos eléctricos, teléfonos móbiles, xoguetes, radiografías e cd, tóner e cartuchos de impresora e pilas e baterías.
Sober súmase deste xeito a unha iniciativa posta en marcha na Pobra do Brollón fai máis dun ano con bos resultados.

0.10604500770569