Sober foi recoñecido pola Xunta ao recibir a Bandeira Verde de Galicia

RibeiraSacraXa
O encargado de recoller a Bandeira Verde foi o concelleiro delegado da Alcaldía e Mocidade, Promoción de Emprego, Artesanía e Industria, Iván Armesto
Sober-bandeira-verde
21 Out 2024

Sober foi o único Concello da comarca da Ribeira Sacra en recibir a Bandeira Verde de Galicia, coa que a Consellería de Medio Ambiente recoñece aos municipios máis implicados no coidado do medio.

O encargado de recoller a Bandeira Verde foi o concelleiro delegado da Alcaldía e Mocidade, Promoción de Emprego, Artesanía e Industria, Iván Armesto, nun acto celebrado en Caión.

Concretamente, a Xunta galardoou este ano a 24 concellos, 7 deles da provincia de Lugo, con este distintivo, que recoñece o labor dos gobernos locais na protección do medio ambiente.

0.181312084198