Sober festexa a vindeira fin de as Festas de Proendos
A parroquia de Proendos, no concello de Sober, festexa entre o 17 e o 19 de xaneiro as Festas de San Amaro 2025.
A programación deste ano estará encabezada polo Dúo Estrelas e Somoza Trío, que serán os encargados de poñer a música durante a noite do sábado.
As festas arrancarán o venres, 17 de xaneiro, cunha chocolatada no Campo da Festa de San Cristovo, as 20.30 horas, e continuarán xa durante a xornada do sábado con pasarrúas e a actuación da soprano Ilduara Perianes e o pianista Alejandro Firvida, que terá lugar ás 18.30 horas na Igrexa Parroquial. A festa estará amenizada polo Dúo Estrelas, que actuará a partir das 19.30 horas. Ademais, tamén o sábado, terá lugar a tradicional tirada de fogos artificiais dende o alto de San Cristovo e, a partir das 23.00 horas, a música estará a cargo de Somoza Trío.
O domingo, 19 de xaneiro, os festexos rematarán cunha sesión vermú a cargo dos músicos da Parroquia de Proendos.