Sober entregou os premios dos concursos de postais, beléns e escaparates de Nadal

O Concello de Sober entregou esta semana os premios dos concursos de Nadal convocados este ano, nunha cerimonia que contou coa presenza do alcalde, Luis Fernández Guitián. No certame de postais, na categoría A resultou gañadora Ana Fernández Agrelo, seguida por Uxía Gómez Pereiro e Sía Castro López en segundo e terceiro lugar respectivamente. Na categoría B, o primeiro premio foi para Xiana Rodríguez Álvarez, con Aroa Vivirido López no segundo posto e Estrela Campos Vázquez no terceiro. A categoría C gañouna Ada Castro López, mentres que a Residencia Nosa Señora do Carme e o CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober recibiron premios especiais pola súa participación.
No certame de beléns, a categoría infantil premiou a Leonor Molina Rivas en primeiro lugar, con Estrela e Noé Campos Vázquez no segundo posto, e Carla Martínez Pardo xunto con Xiana Rodríguez Álvarez compartindo o terceiro premio. Tamén se entregaron premios de participación a Manuel Vázquez Vázquez, Enzo e Luka Rivero Losada, e Adriana González de la Torre. Na categoría de adultos, o primeiro premio foi para O Faladoiro dos Luns, seguido por Gloria Álvarez Eireos e a Asociación de Veciños Anllo Santo Estevo. A Residencia Nosa Señora do Carme, Berta Pérez Piñeiro e Raquel Álvarez Pérez recibiron recoñecementos especiais pola súa participación.
Finalmente, no certame de decoración de locais comerciais, Mayma Moble S.L. obtivo o primeiro premio, o segundo foi para Estanco Casa Carballo e o terceiro para Luisa Liébana García, coñecida como Anditel.