Sober deu a coñecer o cartel e o programa da XLII Feira do Viño de Amandi

RibeiraSacraXa
Sober dio a conocer el cartel y el programa de la XLII Feira do Viño de Amandi de Sober. Las actividades del mes de Amandi ya comenzaron.
amandi4
13 Mar 2022

O Concello de Sober deu a coñecer na Fervenza de Portizó o cartel anunciador, as actividades do Mes do Amandi e a programación da XLII Feira do Viño de Amandi, que vai ter lugar na localidade nas súas datas habituais, os días 9 e 10 de abril, coincidindo co domingo de Ramos.

Un total de 23 adegas do Concello de Sober están inscritas para participar na XLII Feira do Viño de Amandi, que se vai celebrar en Sober os días 9 e 10 de abril, volvendo así á súa data habitual de sábado e domingo de Ramos.

A edición da feira deste ano será inaugurada por Adega Tear como homenaxe a Manuela Valdés, falecida recentemente, e ao seu marido Nilo Vila, falecido hai xa algúns anos.

Esta edición da feira será dedicada o Concello de Bóveda continuando así cunha homenaxe especial que se fai cada ano a un Concello da comarca. E o pregón correrá a cargo do mozo nacido en Sober, Chechu Salgado, quen vén de acadar o Goya a mellor actor revelación por ‘Las leyes de la frontera’.

PROGRAMA

As actividades do Mes do Amandi deron comezo o pasado sábado, continuaron este fin de semana e seguirán o próximo 14 de marzo ás 12.00 horas coa visita a Feira de Rubián, o venres 18 ás 17.30 horas os participantes nas Merendas con Contos visitarán a Fernvenza de Portizó. O luns 21 de marzo o CEIP Virxe do Carme conmemora o Día Internacional da Poesía con recitado de Poemas ao Viño de Florencio Delgado Guirriarán, autor homenaxeado nas Letras Galegas 2022. O xoves 24 de marzo de 12.30 a 14.30 horas a Escola de Hostalería de Rosende Xornada de Maridaxe levarase a cabo a actividade Viño de Amandi con produtos DE CRAEGA.

O venres 25 de marzo ás 19.00 horas en Tapería Tear de Cadeiras terá lugar a presentación da nova edición da Guía da Ribeira Sacra de Manuel Garrido. O sábado 26 de marzo, ás 19.00 horas no Centro Sociocultural Concerto Solidario cos refuxiados ucraínos. O venres 1 de abril haberá unha charla “A cultura do viño e a viticultura heroica” por Xabier Castro, autor do libro “A rosa do viño. A cultura do viño en Galicia” ás 19.00 horas no Centro Sociocultural mentres que á hora seguinte se presentará a exposición de puntura de Gelín Fernández. O mércores 6 de abril, de 10.00 a 14.00 horas no Centro Sociocultural de Sober 2º Concurso de sumiliers e o xoves 7 de abril, ás 19:00 horas no Centro Sociocultural, concerto de guitarra e frauta traveseira a cargo de Josué Castro e Magda Sánchez.

Ademais, terán lugar diferentes actividades, exposicións e catas. Do 31 de marzo o 30 de abril no Centro Sociocultural de Sober estarán expostos os carteis presentados ao concurso de carteis da XVII Feira do Viño de Amandi e do 1 o 30 de abril a exposición de pintura de Gelín Fernández.

CATA DE VIÑOS

Cun xurado profesional celebrase una precata e cata final dos viños expostos na Feira.
Entregaranse tres primeiros premios para viños tintos da anada de 2021, un premio para viños brancos da anada de 2021 e un premio para viños envellecidos en barrica.

CONCURSO DE DESEÑOS DE CARTEIS.
Presentáronse 20 orixinais chegados de diferentes puntos do Estado. O xurado acordou outorgar o primeiro premio ao traballo presentado por Rocío Rodicio González de Ourense.

Programa de actos da XLII Feira do Viño de Amandi.

Sábado 9 de abril

  • Ás 11:30 horas. Disparo de bombas de palenque anuncian o inicio da XLII Feira do Viño de Amandi.
  • Ás 12:00 horas. Apertura Oficial a cargo de Adega TEAR en lembranza aos seus fundadores Manuela Valdés e Nilo Vila.
  • Ás 12:15 horas. Actuación dun grupo de música tradicional.
  • Ás 17:00 horas. Comezo da Precata Oficial na Sala de Catas do Oficina Municipal de Turismo.
  • Ás 17:00 horas. Actuación dun grupo de música tradicional.
  • Ás 18:30 horas. Concerto da Banda de Música de Sober.
  • Ás 20:00 horas. Actuación da Charanga Louband na Praza do Concello.
  • Ás 23:00 horas. Actuación de GIN TONIC´S na Praza do Concello.

Domingo 10 de abril

  • Ás 10:30 horas. Disparo de 23 bombas de palenque (1 por cada colleiteiro participante).
  • Ás 10:45 horas. Actuación da Charanga NBA.
  • Ás 11:00 horas. Pasarrúas coa Banda de Música de Sober.
  • Ás 11:30 horas. Comezo da Cata Oficial na sala de catas do Centro Sociocultural de Sober.
  • Ás 11:30 horas. Misa Solemne coa Bendición de Ramos, na Igrexa de Sober.
  • Ás 12:30 horas. Recepción de Autoridades na Casa do Concello.
  • Ás 12:45 horas. Actuación da Banda de Música de Sober.
  • Ás 13:00 horas: Pregón a cargo de Chechu Salgado.
  • Ás 13:30 horas. Entrega de Premios.
  • Ás 17:00 horas. Actuación da Charanga NBA.
  • Ás 19:30 horas. Baile coa orquestra Los Satélites
0.19524097442627