Sober despide a XLI Feira do Viño de Amandi
Sober despediu no día de onte a XLI Feira do Viño de Amandi que se celebrou na praza do Concello de Sober e que reuniu 18 adegas. Así mesmo, onte fíxose entrega dos premios aos mellores caldos, tras a cata realizada. A cita contou tamén coa actuación do grupo Os Xograres de Lemos.
Entre os premiados atópase Don Bernardino, Rectoral de Amandi e Cruceiro, na categoría de viños xoves da añada de 2020, Regina Viarum, como adega gañadora na categoría de brancos da añada de 2020 e Garoubas, da adega A Carqueixas, en outras añadas.
O Concello de Sober agradece o bo comportamento dos asistentes e a activa participación dos adegueiros ano tras ano e pese ás extraordinarias condicións desta edición.
O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, cre que “a feira se consolida como un escaparate do viño de Amandi” e explica que “se fai en sinal de homenaxe aos seus produtores. Un día de festa para viticultores e adegueiros, un día para compartir”, destaca.
Ribeira Sacra
Ribeira Sacra reúne máis da metade da superficie demandada polas denominacións de orixe vitivinícolas de Galicia para desenvolver polígonos de viñedo.
En concreto, esta DOP solicitou recuperar para a plantación de vides máis de 5.800 hectáreas de parcelas en estado de abandono ou infrautilización, das máis de 10.000 ha demandadas polas cinco denominacións de orixe dos viños galegos.
Así se destacou no acto de entrega de premios do concurso da XLI Cata dos viños de Amandi, que tivo lugar na localidade lucense de Sober. Por esta razón, explicouse que esta superficie esténdense ao longo das diferentes subzonas de Ribeira Sacra, tanto de Amandi como de Chantada e de Quiroga-Bibei ou das ribeiras do Miño e do Sil.