Sober conta desde esta fin de semana cun total de dez persoas centenarias

RibeiraSacraXa
Esta fin de semana, Ermitas Fernández, veciña de Ceceda, celebrou o seu aniversario acompañada do alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián
ermitas-sober-cumpreanos
Ermitas Fernández, veciña de Sober, festexa o seu aniversario
24 Mar 2025

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, achegouse esta fin de semana ata Ceceda, en Doade, para celebrar o centenario de Ermitas Fernández. A “cumpreañeira” tivo oito irmáns, todas mulleres. Tan só queda ela. Do seu matrimonio naceron catro fillos, tres mulleres e un home.

Ermitas procede dunha familia con persoas moi lonxevas, como un tío que chegou aos 107 e unha tía que faleceu con 104 anos.

A viaxe máis longa que fixo foi a Asturias, para visitar á familia. Pasou toda a súa vida en Sober e, este domingo, celebrou os seus 100 anos acompañada da súa familia e seres queridos. O alcalde fíxolle entrega dun agasallo institucional e desexoulle que pase un día de moita felicidade acompañada polos seus.

O Concello de Sober conta a día de hoxe con dez centenarios, sete mulleres e tres homes.

⚙ Configurar cookies
0.16170501708984