Sober conmemorará o 25N con obradoiros, teatro e dúas exposicións

RibeiraSacraXa
A programación arrancará este martes, 19 de novembro
25N
18 Nov 2024

O Concello de Sober arranca este martes, 19 de novembro, a programación para conmemorar o Día Internacional da eliminación da Violencia contra a Muller, cun obradoiro titulado ‘Verbas amables para o 25N’, que terá lugar no Club de Lectura Pintor de Castinade e que se desenvolverá tamén durante a xornada do venres, 22 de novembro.

O luns, 25 de novembro, colocarase a pancarta reivindicativa do 25N na Casa do Concello e o sábado, 30 de novembro, terá lugar a función ‘Sombras nos ollos’, da compañía Hipócrita Teatro, no Centro Cultural de Sober. A representación enmárcase no Circuíto de Teatro Afeccionado da Deputación de Lugo.

Pola súa banda, entre o 21 de novembro e o 8 de novembro poderá visitarse no Centro Sociocultural de Sober a mostra ‘Á violencia de xénero dille non’, unha exposición gráfica ilustrada organizada pola Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero. Ademais, na oficina de turismo estará dispoñible a ‘Mostra fotográfica sobre a deconstrución da masculinidade tradicional’, organizada polo Pacto de Estado contra a Violencia.

0.1465790271759