Sober celebrou o día grande da XLIV Feira do Viño de Amandi rodeado de miles de persoas

RibeiraSacraXa
O Concello de Sober celebrou o día grande da XLIV Feira do Viño de Amandi, coa asistencia de miles de persoas.
Feira viño Sober 2024 dia grande pregon  (1)
25 Mar 2024

O Concello de Sober celebrou o día grande da XLIV Feira do Viño de Amandi, coa asistencia de miles de persoas. O pregón correu a cargo de Lucía Rodríguez, xornalista e presentadora de televisión con raíces en Sober.

Nesta xornada ademais do pregón realizouse a entrega de premios aos mellores viños así como ao Concello homenaxeado, que nesta ocasión foi o do Pereiro de Aguiar, representado polo seu alcalde, Luis Menor.

Na súa intervención, o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, deulles as grazas aos viticultores e viticultoras por "facer de Sober e da Ribeira Sacra un territorio vivo; unha herdanza inigualable que recollemos dos nosos devandeiros; e os que temos responsabilidade debemos salvagardar para futuras xeracións".

Os viños gañadores da edición deste ano na categoría Tinto xoven foron Marcelino Mencía 2023 (Adega Marcelino), Val da Lenda Mencía 2023 (Adega Val da lenda), e Cardenal Rodrigo de Castro Mencía 2023 (Adega Soutelo).

Na categoría de Mellor branco xoven o premiado foi Don Bernardino Godello 2023 (Adega Don Bernardino), no Mellor rosado xoven, Tareixa 2023 (Adega A Carqueixa), en Mellor tinto barrica o premiado foi Garoubas 2021 (Adega A Caqueixa) e na derradeira categoría, a de Mellor tinto doutras colleitas, o galardonado foi Don Bernardino mencía 2022 (Adega Don Bernardino).

Todos eles levaron un diploma e unha peza de Gundivós, ao igual que o autor do cartel anunciador da Feira, o vilalbés Eduardo Pérez Baamonde.

0.19127583503723