Sober celebrará mañá a súa segunda Feira Avícola

RibeiraSacraXa
Sober celebrará mañá a súa segunda Feira Avícola no parque situado cabo do Concello de Sober. O evento durará das 9.00 ata as 14.00 horas.
feiraavicola (1)
11 Xuño 2022

Na xornada expoñeranse e venderanse galiñas e aves de razas puras.

Este domingo, día 12, a segunda Feira Avícola terá lugar no que parque que fica cabo do Concello de Sober. Nela, aparte de expoñer e vender galiñas e aves de pura raza, tamén haberá outras actividades como o Concurso de Galos con xurado popular.

O evento durará das 9.00 da mañá ata as 14.00 horas. E quen así o desexe, poderá solicitar máis información no enderezo electrónico: info@avicultoresribeirasacra.com.

A iniciativa é obra da Asociación de Avicultores Tradicionais da Ribeira Sacra e conta coa colaboración do Concello de Sober.

0.17448806762695