Sober celebra os Xogos Autonómicos de Campo a Través e Petanca para persoas con discapacidade intelectual
RibeiraSacraXa
A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, apoiou coa súa presenza en Sober a edición número 27 dos Xogos Autonómicos de Campo a Través e Petanca para persoas con discapacidade intelectual, promovidos por Special Olympics Galicia.
12 Maio 2024

A directora xeral puxo en valor os arredor de 200 participantes na cita e o labor da asociación organizadora, formada por familiares de persoas con discapacidade intelectual. O seu obxectivo é avanzar na súa inclusión social a través do deporte, das actividades de tempo libre e da cultura.