Sober celebra a XXVII Feira da Rosca, Mel e Outros Produtos da Ribeira Sacra

RibeiraSacraXa
Ademais, a celebración comezará o domingo día 11 de agosto coa inauguración ás 18.00 horas do VI Túnel do Viño de Amandi
Feira-da-Rosca-Sober
7 Ago 2024

O Concello de Sober celebra os días 11 e 12 de agosto a XXVII Feira da Rosca, Mel e Outros Produtos da Ribeira Sacra e o VI Túnel do Viño de Amandi.

A celebración comeza o domingo día 11 de agosto coa inauguración ás 18.00 horas do VI Túnel do Viño de Amandi, a cargo de Vinosacra.es. Trátase dun evento no que participan 25 adegas e 50 referencias de viños da subzona de Amandi e Sober que se poden degustar nunha carpa instalada na Praza do Concello. O domingo ás 21:00 horas actuará o grupo Deuce.

O luns día 12 de agosto a programación dará comezo ás 10.00 horas co disparo de bombas de palenque e ás 10.15 horas farase a apertura dos postos de rosca, mel e outros produtos da Ribeira Sacra.

Ás 11.00 horas haberá unha demostración de talla con motoserra a cargo de Eugenio Linares e entre as 11.00 e as 13.00 horas haberá un obradoiro de feltro para todos os públicos a cargo de Ovella Viva.

Xa ás 12.00 horas terá lugar a actuación do Grupo Os Falcatrueiros e ás 13:00 horas farase a tradicional degustación gratuíta de 2.000 racións de rosca de Sober con queixo coa colaboración de Queserías Prado.

0.18596816062927