Sober arranca a próxima semana un ciclo de benestar dirixido a mulleres

RibeiraSacraXa
A primeira xornada será o xoves, 27 de marzo, na Casa da Cultura
ciclo-benestar-sober
17 Mar 2025

A Casa da Cultura de Sober arrancará a vindeira semana un ciclo de benestar dirixido a mulleres. Baixo o título “Círculo de Benestar: claves para o autocoidado”, o Concello de Sober pon en marcha unha serie de obradoiros que comezarán o xoves, 27 de marzo, cunha primeira sesión sobre autocoñecemento emocional.

Durante este primeiro taller, a educadora social Paula Santos axudará ás participantes a identificar e recoñecer as emocións, explorando as súas orixes e efectos no benestar persoal para conectar coas necesidades de cada unha e comprender mellor como se manifestan no corpo e na mente.

A sesión terá lugar ás 19.30 horas na Casa da Cultura de Sober e para poder participar haberá que inscribirse previamente a través dos teléfonos 982 460 513 ou 628 055 236.

⚙ Configurar cookies
0.24558210372925