Sober anuncia as bases para as axudas de material escolar

RibeiraSacraXa
O Concello de Sober xa anunciou as bases reguladoras para a convocatoria de axudas ás familias para a adquisición de libros de texto.
material escolar Pobra Brollón
23 Ago 2021

O Concello de Sober xa anunciou as bases reguladoras para a convocatoria de axudas ás familias para a adquisición de libros de texto e de material escolar de alumnos e alumnas de educación infantil e primaria do Ceip Plurilingüe Virxe do Carme.

As axudas serán como máximo de 120 euros por cada filla/o que estea cursando estudios de educación infantil (2º ciclo) de 3 a 5 anos no Ceip Plurilingüe Virxe do Carme no curso 2021/2022 e de un máximo de 60 euros por cada fillo ou filla que estea cursando estudios de educación primaria no Ceip Plurilingüe Virxe do Carme.

O lugar no que hai que presentar a documentación requerida é o departamento de Servizos Sociais do Concello de Sober en horario de 9 a 14 horas, de luns a venres ou a través da sede electrónica do Concello de Sober (concellodesober.sedelectronica.gal). Así mesmo, para máis información ou para calquera dúbida pódese contactar co número de teléfono 982 460 001 ou no 982 460 005 ou  visitar a páxina web do Concello de Sober.

0.10662698745728