Sober acolleu unha xornada sobre modelos de negocio innovadores na Ribeira Sacra

RibeiraSacraXa
Foi organizada polo polo de emprendemento e apoio ao emprego de Monforte de Lemos para avanzar nas oportunidades que ofrece o territorio a través do intercambio de experiencias
xornada-emprendemento-sober
Participantes na xornada 'Diversificar para expandir e diferenciar un negocio turístico na Ribeira Sacra'
30 Mar 2025

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou esta pasada semana en Sober na xornada 'Diversificar para expandir e diferenciar un negocio turístico na Ribeira Sacra', organizada polo polo de emprendemento e apoio ao emprego de Monforte de Lemos. Con esta actividade "na que tamén estivo presente o alcalde de Sober, Luis Fernández" búscase que os asistentes coñezan modelos de negocio innovadores na Ribeira Sacra, explorando as oportunidades que ofrece o territorio, intercambiando experiencias ao mesmo tempo que se ofrece a posibilidade de formar sinerxías con emprendedores xa reafirmados e así fortalecer as estratexias de negocio.

A través desta iniciativa búscase consolidar e reforzar a Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego "iniciativa pública nacida en xullo de 2022" que presta, de forma gratuíta e a través das súas 15 oficinas, asesoramento individualizado, tanto a quen desexa emprender na Comunidade como a quen xa o fixo e quere consolidarse. A Rede ten, ademais, un gran foco no rural, co obxectivo de dinamizar a economía local, fixar poboación e combater o reto demográfico. Neste marco, o polo de Monforte, desde a súa creación no ano 2022, leva preto de 240 proxectos atendidos e arredor de 95 actividades realizadas entre reunións con entidades, accións de formación e eventos da rede, salientando que actualmente o número de mulleres emprendedoras atópase no 54 % do total de asesorados.

⚙ Configurar cookies
0.67071008682251