Sober acolleu un ano máis o Concurso de Cata por parellas

Este martes, 08 de Abril, tivo lugar no Centro Cultural de Sober o IV Concurso de Cata por parellas Concello de Sober, unha das actividades enmarcadas dentro do Mes do Amandi, organizado pola Fundación Belarmino Fernández Iglesias e o Concello de Sober.
Os participantes foron recibidos pola organización no Centro Cultural de Sober e tras a presentación do concurso estiveron catando no túnel do viño as 20 referencias que podían formar parte de cata.
As persoas participantes tiveron que diferenciar dez dos viños seleccionados polo xurado, que estaba composto por Cristina Nogueira González (ex alumna que cursou os tres Ciclos Formativos que impartimos no Centro), Lara Santos (propietaria da adega Alma das Donas) e Suso Soneira Ramos (sumiller da adega Algueira), indicando tipo de uva, añada e tipo de crianza.
As parellas gañadoras desta edición foron, no segundo posto, Iria Alcalde e Mariana Orbellado, alumnado do CIFP Compostela, que recibiron o lote de viño da Adega Alma das donas; e Igor e Jesús Balboa López, propietarios da Adega Corzoás, que lograron a primeira posición e recibiron un lote de viño da Adega Vía Romana.