Sober acolleu a inauguración do Encontro Nacional Ribeira Sacra de Emprendedores Creativos e Creación de Ecosistemas Sostibles

RibeiraSacraXa
Ata o 29, de xuño, distintos puntos da Ribeira Sacra acollerán actos para poñer en valor novos proxectos emprendedores ligados ao territorio
encontro-nacional-de-emprendedores-creativos-sober
Encontro Nacional de Emprendedores Creativos en Sober
27 Jun 2025

Este xoves celebrouse en Sober a inauguración do Encontro Nacional Ribeira Sacra de Emprendedores Creativos e Creación e Ecosistemas Sostibles que se desenvolverá en disintas localizacións da Ribeira Sacra desde este xoves ata o vindeiro domingo, 29 de xuño.

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou no acto inaugural, onde salientou a importancia de novos proxectos emprendedores ligados ao territorio que toman como porto de partida o desenvolvemento turísticos dos destinos, que “se amosado como un auténtico dinamizador económico e social”.

Xosé Merelles subliñou ademais que “nuns tempos de constante evolución e demanda de iniciativas cada vez máis innovadoras e sostibles, a creatividade é, sen dúbida, un dos camiños a seguir para asegurar o progreso e tamén o desenvolvemento dos territorios”.

Por outra banda, puxo en valor que esta cita se celebrase na Ribeira Sacra, “unha das xoias da oferta turística de Galicia, onde a sostibilidade é un seus principais valores”. Neste sentido, salientou a aposta da Xunta de Galicia por reforzar a sostibilidade deste destino con proxectos no territorio, financiados con fondos europeos, que supoñen un investimento global de 4 millóns de euros

Ademais, Xosé Merelles referiuse ao bo comportamento turístico deste xeodestino que en 2024 foi o segundo de maior crecemento en demanda turística, rexistrando un incremento de case o 14% con respecto a 2023.

⚙ Configurar cookies
0.14733791351318