Sober acolleu a 'Festa da Radio 2024' para despedir a tempada da radio municipal

RibeiraSacraXa
Houbo premios para os mellores futbolistas e entrenadores, para traballadoras sociais e para entidades
Festa-da-radio-Sober
14 Xuño 2024

Sober acolleu a súa primeira 'Festa da Radio 2024', na que se celebrou o fin de tempada da radio municipal na Casa da Cultura do municipio.

Así, houbo premios para os mellores futbolistas e adestradores da tempada e tamén recoñecementos para os clubs da zona.

O premio máis emotivo foi o Germán Macía, no que se lle fixo unha homenaxe ao falecido Javier Anido con presenza das familias de ambos.

Os galardóns 'Sober Fala' deste ano foron para as traballadoras sociais do Concello, promotoras, ademais do proxecto 'Redes Lilas' e para a responsable de prensa polo seu labor de dinamización social:  Ana de la Torre, Patricia González e Silvia Pena.

Tamén houbo premio para a radio Torre de Lemos e mención á radio do Colexio de Sober e cabe destacar que ao acto asistiron representantes institucionales de Sober e doutros concellos da zona, como o alcalde de Bóveda.

 

0.19963622093201