Sober acollerá unha charla-coloquio sobre a clasificación dos viños por paraxe e parcela no D.O. Bierzo

RibeiraSacraXa
Sober acollerá unha charla-coloquio sobre a clasificación dos viños por paraxe e parcela no D.O. Bierzo e a presentación dun libro
sober casa concello
5 Maio 2023

Esta tarde, a partir das 19.30 horas, terá lugar unha charla-coloquio sobre 'A clasificación dos viños por paraxe e parcela na D.O. Bierzo' no Centro Sociocultural de Sober.

Da man de Carmen Gómez, a directora técnica da Denominación de Orixe do Bierzo, falarase sobre a producción dos diferentes viños nesta zona achegada á Ribeira Sacra.

Por outra banda, tamén terá lugar a presentación do libro 'A marabillosa historia do viño en Galicia' de Luis Congil.

Por último, ao final destas dúas actividades, os asistentes poderán desfrutar dunha cata dos viños gañadores na XLIII Feira do Viño de Amandi deste ano.

Viños sober charla
0.19870209693909