Sober acolle este sábado o concerto de Aida Gimeno, acompañada do pianista Carlos Sanchís
A soprano Aida Gimeno ofrecerá un concerto este sábado, 9 de decembro, no Centro Sociocultural de Sober a partir das 19.30 horas con entrada libre para todas as persoas interesadas.
A actuación, organizada polo Concello e as Xuventudes Musicais da localidade, contará coa presenza do tamén pianista Carlos Sanchís Aguirre, co que se interpretará 'Souvenirs' en forma de canción, unha mostra da canción española e a mélodie française do XVIII e XIX, cando París era un dos centros mundiais da arte.
O concerto, partindo da forte influencia do cabaret en Poulenc, continúase coa profunda obra de Duparc. O eixo central leva a compositores cataláns, Mompou e Montsalvatge, con este último reflectindo a presenza do colonialismo nas correntes artísticas a través das influencias antillanas.
O programa péchase no último bloque cunha canción moi especial de Rodrigo, Adela, e culmínase coas 7 cancións populares, unha viaxe a través das raíces do folclore español construído maxistralmente por Falla.