Sober acolle este martes unha presentación literaria dentro das actividades do Mes do Amandi

A Biblioteca Pública Municipal de Sober acolle este martes, ás 18:00 horas, a presentación do libro 'Queda moito por sachar. A literatura galega nunha caixa de zapatos, de Xosé Manuel del Caño'.
O acto está organizado polo Club de Lectura Pintor de Castinande e enmárcase na programación do Mes do Amandi.