Sober acolle esta tarde un encontro por Palestina
RibeiraSacraXa
Será ás 20:30 horas na Praza do Toural

11 Jul 2025
Sober celebrará este venres 11 de xullo un Encontro por Palestina e pola Paz na Praza do Toural. A cita comezará ás 20:30 horas e contará con varias actividades abertas a toda a veciñanza.
O programa inclúe arte ao vivo, obradoiros de chapas e abanos pola paz, unha sesión de micro aberto, ademais dun mercado solidario e un posto con doces, sandía e cervexa artesanal.
A iniciativa busca crear un espazo de encontro e solidariedade para reivindicar a paz e amosar apoio ao pobo palestino.