Sober acolle a XXIV edición do Baile á luz da lúa na Praza do Toural

RibeiraSacraXa
Será este venres, 30 de agosto, e contará, como cada ano, coa actuación da Banda de Música de Sober
Baile-a-luz-da-lua-Sober
26 Ago 2024

O Concello de Sober celebra este venres, 30 de agosto, a XXIV edición do Baile á luz da lúa na Praza do Toural, como vén facendo cada ano.

Nesta ocasión, actuará a Banda de Música de Sober como sempre e haberá un concurso de baile con premios para as mellores parellas.

Desta maneira, a formación musical vai ofrecer un repertorio con música de baile dende hai case 100 anos ata agora, polo que os veciños e veciñas que se acheguen poderán desfrutar da súa música.

O baile dará comezo ás 22.30 horas e estenderase ata a medianoite cando se darán os premios ás parellas gañadoras.

0.070788860321045