O libro 'He visto cosas' de Santiago B. Suárez será presentado en Sober
RibeiraSacraXa
O vindeiro 24 de outubro, o autor Santiago B.
20 Out 2023
O vindeiro 24 de outubro, o autor Santiago B. Suárez presenta a súa nova obra en Sober. A biblioteca pública municipal do Concello acollerá a presentación de He visto cosas, ademais dunha charla sobre a intelixencia artificial.
A historia céntrase nun policía dunha brigada destinada á vixilancia do comportamento das máquinas cuánticas. Un individuo solitario e maduro que afronta un caso complicado no que atopa axuda doutro dos protagonistas da trama: un ordenador cuántico de última xeración.
A obra de Santiago B. Suárez, afonda na necesidade de aprender como lle ensinamos a tecnoloxía o noso sentido da xustiza, da liberdade, da amizade e ata do perdón.