Sober acolle a presentación da primeira edición do foro económico 'O encontro de Sober'

RibeiraSacraXa
O CESUGA (Centro de Estudios Superiores Universitarios de Galicia) e o Concello de Sober presentarán este martes, 9 de abril, a primeira edición de 'O encontro de Sober'.
8 Abr 2024

O CESUGA (Centro de Estudios Superiores Universitarios de Galicia) e o Concello de Sober presentarán este martes, 9 de abril, a primeira edición de 'O encontro de Sober'.

Este será un novo foro económico que segue a estela de 'O encontro de A Toxa' para impulsar o desenvolvemento do medio rural galego a través da creación dun espazo estratéxico de diálogo e cooperación entre o tecido industrial e agrario, o mundo universitario e o sector público de Galicia.

O evento, que terá lugar no Áurea Palacio de Sober os vindeiros 9 e 10 de maio, reunirá a máis de 60 destacados relatores e a preto de 400 asistentes e permitirá poñer o foco no potencial industrial e social do medio rural para xerar estratexias e sinerxias que impulsen a súa competitividade.

O foro desenvolverá un total de 17 mesas temáticas de acceso gratuíto sobre os principais retos do futuro agro-industrial galego en sectores específicos como o lácteo, cárnico, vitivinícola, tecnolóxico, financeiro ou os das enerxías renovables, a minería sostible, a industria forestal, o patrimonio natural , o emprendemento e a xestión do risco.

0.20832490921021