Situación actual dos lumes nos municipios de Folgoso do Courel e Quiroga
Os lumes que nun principio tiveron a súa orixe nas parroquias de Vilamor (Folgoso do Courel) - Saa (A Pobra) e Seceda, foron estabilizados onte pola noite aínda que afectan xa a unha superficie total queimada dunhas 11.100 hectáreas segundo as últimas estimacións provisionais da consellería do Medio Rural.
Con respecto ao de Quiroga, o tivo lugar na parroquia de Outeiro, está controlado logo de arrasar 250 hectáreas).
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.