Sicted colabora con 33 establecementos da Ribeira Sacra
Sicted é un proxecto de mellora da calidade dos destinos turísticos promovido pola Secretaría de Estado de Turismo (SETUR), co apoio da Federación Española de Municipio e Provincias, que traballa con servizos turísticos de ata 36 oficios, co obxectivo de mellorar a experiencia e a satisfacción do turista.
Na Ribeira Sacra, 33 empresas contan co distintivo “Compromiso de calidade turística” que acredita e recoñece o esforzo realizado polos establecementos participantes. Ten validez bienal, aínda que está condicionado a unha avaliación anual de seguimento. Como consecuencia da pandemia mundial provocada polo coronavirus Sars- CoV2 en 2020, o SICTED incorporou un distintivo de Preparado COVID-19 que identifica os Servizos turísticos/servizos que implementaron medidas para a redución do risco de contaxio da COVID-19.
Segundo informou o consorcio de turismo foron 24 as empresas que lograron renovar este selo outorgado por primeira vez no 2020. Ademais, no ano 2021 foron 9 os establecementos que obtiveron a distinción ao superar a avaliación.
Durante o mes de febreiro celebrarase unha xornada de sensibilización que terá como obxectivo captar a novos profesionais co fin de mellorar os servizos e diferenciando a Ribeira Sacra como xeodestino.
Na primavera abrirá de novo o prazo para que aquelas empresas que o desexen soliciten a distinción e a unión ao Sicted. Os custes que supoñen o procedemento de adhesión dos anos 2021 e 2022 estarán financiados polo Plan de Sostenibilidade Turística.
Sicted ofrece diferentes beneficios para os establecementos xa que axuda a mellorar a xestión interna, especialmente a dos procesos relacionados coa satisfacción do cliente, incrementa a cualificación do equipo, mediante o plan formativo que consta de máis de 20 módulos formativo, recibe asistencia técnica que ofrece apoio para a mellora.